jueves, 18 de octubre de 2012

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?








Estefanía? A si é unha moza morena de ollos marróns, duns 14 anos. Leva lentes, creo que vai en 4º ESO, no instituto IES San Mamede. Ela é de A Teixeira, pero vive en Maceda. Anteriormente xa dixen que vai en 4º ESO, seica colleu a opción de ciencias, será porque lle gusta a Bioloxía e a Xeoloxía, a Física e a Química e as Matemáticas. Ela vai a pintura, dixo súa nai que lle gusta moito pintar. Tamén lle gusta ler, xa que o outro día viu aquí e comprou tres libros, un deles foi `Persépolis´. Estefanía é unha moza con moito carácter, pero o fin e o cabo é simpática, só hai que tratala. Tamén é algo vergonzosa, e nalgúns caso tímida, depende da persoa.
 
(Pili Rodríguez, 45 anos, libreira e profesora)


Estefanía Rivas Vázquez? Claro é a miña irmá. Como no na vou coñecer. Ela é unha persoa, como o diría, con moito carácter. Só con dicirche que o noso día a día e discutindo e pegándonos. É moi estudosa e non lle chega cun cinco nun exame, acórdome nun exame de Matemáticas viñera chorando a casa… e o final sacara un 9, nada menos. Por certo xa vai en 4º ESO, na opción de Ciencias. Encántalle ler, de feito é raro que non teña algún libro na súa mesa de noite, hoxe ten `El inverno del mundo´ de Ken Follet. Tamén temos outra irmá, Carmen, é a pequena, bueno como a pequena que é sempre ten máis atención, como comprarlle revistas, ter mais atención respecto aos estudos, pero a min e a miña irmán danos igual… Hai que dicir que o fin e o cabo, pelexamos uns polos outros. Que lle imos facer somos irmáns.
(José Rivas, 13 anos, irmán)

Estefanía R.


Se coñezo a Natalia Araujo? Pois claro, aínda que eu son veciña súa, creo que todos nos coñecemos nunha vila pequena como é Maceda. Que lle podo contar a Vde. dela! Pois é alta, morena, ten o pelo longo, é doce e moi falangueira e sempre está disposta a axudar. Eu nunca a teño visto sen un sorriso na cara. Estuda 4ºde ESO no IES San Mamede. Sei que lle gusta a Bioloxía e mais a Anatomía, polo que me ten comentado algunha vez súa nai. Pódolle asegurar ademais que lle gusta a lectura, xa que o outro día regaleille un libro, Buenos días princesa, e fíxolle moitísimo ilusión. Penso que é unha gran rapaza.

(Celia, 72 anos, veciña) 

Que podo dicir eu da miña filla! Na casa todo o mundo a chama Charlatana. Creo que esa é a palabra que máis a define: non pode estar nin un segundo calada. Tamén é un pouco despistada pero asemade é moi sensible e doce. Encántalle a música: pasa gran parte do día tarareando as últimas cancións que escoita. Ademais gústalle moito ver películas con seu pai. A última que viron xuntos foi a de Celda 211, unha das películas máis famosas de Luís Tosar. Encántalle a lectura pero a prensa non lle interesa moito a excepción dos artigos de La Región. Sempre soñou con estudar Medicina na Universidade de Santiago, dende moi cativa. Espero que chegue a cumprir todos os seus soños.

( Josefa Pérez, 43 anos, nai)

Natalia A.

 

 

 



 
 

lunes, 1 de octubre de 2012

ASÍ SON EU: GÚSTAME/NON ME GUSTA


 

GÚSTAME:
Os campos de papoulas, a natación, a cidade de Londres, ler novelas gráficas, a natureza, pasar un día na piscina, pintar, o grupo de música The Wanted, Sergio Ramos, a praia, montar a cabalo, os deportes de risco, a música, as cena no MC´ Donnals, as flores naturais, saír coas amigas, estar xunto a cheminea, as cores, viaxar, o doce, a nosa serra nevada, un día de compras coa miña prima, coñecer novos lugares e a novas persoas, as granadas, estar coa miña familia, as rochas…

NON ME GUSTA:
O inverno, meterme no río, a violencia, levantarme pronto polas mañas, a cor laranxa, a pobreza, os días chuviosos, a escultura, recoller a mesa, as serpentes, ler libros de Kate Morton, o brócoli, a mortadela sen olivas, as discusións, os mosquitos, sacar malas notas nos exames, a `nocilla´ de abelás, os cactus, non durmir, ter que quedarme na casa, os tulipáns, o entroido, o aire…
Estefanía R.
 
GÚSTAME:
Unha aperta en momentos de tristeza, estar con toda a familia, as cereixas, os meses de verán, o son dos grilos o anoitecer, a música dos Red Hot Chili Peppers, ir o cine, que o aire abanee o meu cabelo, viaxar ao redor do mundo, os libros de Blue Jeans, as risas cos meus amigos, as primeiras folerpas de neve que caen, a cor azul, os días de sol, facer que alguén sorría, escoitar música, a liberdade, recibir un regalo inesperado, coñecer outras culturas, quedarme durmida mentres escoito o son da chuvia…
 
NON ME GUSTA:
A música country, o ruído excesivo das cidades, as inxustizas, as follas das árbores que comezan a caer en outono, a chuvia, as lentellas, o remate das vacacións de verán, as arañas, levantarme cedo nas mañas de domingo, as mentiras, a cor vermella nos exames, a xente interesada, que me fagan esperar, as discusións, as persoas que non cumpren coa súa palabra, o ruído dos mosquitos durante a noite, pensar no futuro como se fora o presente, o racismo, os días de moita calor, os berros...
Natalia A.