jueves, 7 de marzo de 2013



UN ESCURO AMOR

Decateime durante o verán que pasei na casa de meus avós,do estraño comportamento daquel veciño. Era un home de avanzada idade coa cara cuberta de engurras forxadas con esforzo e que apenas deixaban ver aqueles ollos azuis, da cor do mar en calma. Pero tras eles, ocultaba unha inmensa dor e un gran segredo como comprobei aquela noite.
Facía un par de días que me percatara de que todas as noites saía da casa, intentando non ser visto. Estrañada do seu comportamento decidín seguilo. Adentrouse na carballeira e cunha asombrosa axilidade pese a súa idade, ía esquivando a maleza que se interpoñía ao seu paso. Ao pouco tempo chegou  a  un claro onde se parou, e tras mirar o seu redor buscando alguén que non atopaba, caeu ao chan e rompeu a chorar. Acerqueime pensando en axudalo. Xirouse e abrazoume. Imaxínome que xa se dera conta da miña presenza pero non me atrevín a preguntar. Cando se recuperou, contoume o que facía alí : todas as noites, dirixíase aquel lugar para recordar todo o que vivirá coa súa muller, o gran e único amor  da súa vida. Alí coñecéranse e tamén se declararan o seu amor. Tras a súa morte ao pouco de casar, ese era o lugar que lle devolvía o recordo da súa esposa. Regresamos en silencio e pediume que gardara o seu segredo. Asentín.
De todo isto xa hai un ano. A día de hoxe, todos saben das súas saídas nocturnas e pensan que está tolo. Son eu a única que sabe, que en realidade, é un home namorado. Hoxe teño a necesidade de contalo e romper a miña promesa, para ensinar que non se pode xulgar a ninguén só polas aparencias.




Natalia A.



UN CEGO VIOLINISTA

       Sendo a miña avoa, Pilariña, una nena alá polo ano 1946, ve a un cego, nunha feira en Allariz, como toca o violín e o acordeón. Así como está rodeado dunha morea de xente.
         O cego estaba a cantar unha cantiga sobre ‘‘O home do Unto, Romasanta’’. Nela contaba como lles quitaba o unto ós nenos louros da serra de San Mamede e como volvía a esconderse outra vez no monte. Logo derretíao e comíao.
A pobre da miña avoa, colleu tanto medo que non saíu a xogar á rúa co resto dos pícaros en toda a semana. Co paso dos anos, ela chegaría a ver no cárcere de Allariz a Romasanta.


Estefanía R.V.


jueves, 18 de octubre de 2012

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?








Estefanía? A si é unha moza morena de ollos marróns, duns 14 anos. Leva lentes, creo que vai en 4º ESO, no instituto IES San Mamede. Ela é de A Teixeira, pero vive en Maceda. Anteriormente xa dixen que vai en 4º ESO, seica colleu a opción de ciencias, será porque lle gusta a Bioloxía e a Xeoloxía, a Física e a Química e as Matemáticas. Ela vai a pintura, dixo súa nai que lle gusta moito pintar. Tamén lle gusta ler, xa que o outro día viu aquí e comprou tres libros, un deles foi `Persépolis´. Estefanía é unha moza con moito carácter, pero o fin e o cabo é simpática, só hai que tratala. Tamén é algo vergonzosa, e nalgúns caso tímida, depende da persoa.
 
(Pili Rodríguez, 45 anos, libreira e profesora)


Estefanía Rivas Vázquez? Claro é a miña irmá. Como no na vou coñecer. Ela é unha persoa, como o diría, con moito carácter. Só con dicirche que o noso día a día e discutindo e pegándonos. É moi estudosa e non lle chega cun cinco nun exame, acórdome nun exame de Matemáticas viñera chorando a casa… e o final sacara un 9, nada menos. Por certo xa vai en 4º ESO, na opción de Ciencias. Encántalle ler, de feito é raro que non teña algún libro na súa mesa de noite, hoxe ten `El inverno del mundo´ de Ken Follet. Tamén temos outra irmá, Carmen, é a pequena, bueno como a pequena que é sempre ten máis atención, como comprarlle revistas, ter mais atención respecto aos estudos, pero a min e a miña irmán danos igual… Hai que dicir que o fin e o cabo, pelexamos uns polos outros. Que lle imos facer somos irmáns.
(José Rivas, 13 anos, irmán)

Estefanía R.


Se coñezo a Natalia Araujo? Pois claro, aínda que eu son veciña súa, creo que todos nos coñecemos nunha vila pequena como é Maceda. Que lle podo contar a Vde. dela! Pois é alta, morena, ten o pelo longo, é doce e moi falangueira e sempre está disposta a axudar. Eu nunca a teño visto sen un sorriso na cara. Estuda 4ºde ESO no IES San Mamede. Sei que lle gusta a Bioloxía e mais a Anatomía, polo que me ten comentado algunha vez súa nai. Pódolle asegurar ademais que lle gusta a lectura, xa que o outro día regaleille un libro, Buenos días princesa, e fíxolle moitísimo ilusión. Penso que é unha gran rapaza.

(Celia, 72 anos, veciña) 

Que podo dicir eu da miña filla! Na casa todo o mundo a chama Charlatana. Creo que esa é a palabra que máis a define: non pode estar nin un segundo calada. Tamén é un pouco despistada pero asemade é moi sensible e doce. Encántalle a música: pasa gran parte do día tarareando as últimas cancións que escoita. Ademais gústalle moito ver películas con seu pai. A última que viron xuntos foi a de Celda 211, unha das películas máis famosas de Luís Tosar. Encántalle a lectura pero a prensa non lle interesa moito a excepción dos artigos de La Región. Sempre soñou con estudar Medicina na Universidade de Santiago, dende moi cativa. Espero que chegue a cumprir todos os seus soños.

( Josefa Pérez, 43 anos, nai)

Natalia A.

 

 

 



 
 

lunes, 1 de octubre de 2012

ASÍ SON EU: GÚSTAME/NON ME GUSTA


 

GÚSTAME:
Os campos de papoulas, a natación, a cidade de Londres, ler novelas gráficas, a natureza, pasar un día na piscina, pintar, o grupo de música The Wanted, Sergio Ramos, a praia, montar a cabalo, os deportes de risco, a música, as cena no MC´ Donnals, as flores naturais, saír coas amigas, estar xunto a cheminea, as cores, viaxar, o doce, a nosa serra nevada, un día de compras coa miña prima, coñecer novos lugares e a novas persoas, as granadas, estar coa miña familia, as rochas…

NON ME GUSTA:
O inverno, meterme no río, a violencia, levantarme pronto polas mañas, a cor laranxa, a pobreza, os días chuviosos, a escultura, recoller a mesa, as serpentes, ler libros de Kate Morton, o brócoli, a mortadela sen olivas, as discusións, os mosquitos, sacar malas notas nos exames, a `nocilla´ de abelás, os cactus, non durmir, ter que quedarme na casa, os tulipáns, o entroido, o aire…
Estefanía R.
 
GÚSTAME:
Unha aperta en momentos de tristeza, estar con toda a familia, as cereixas, os meses de verán, o son dos grilos o anoitecer, a música dos Red Hot Chili Peppers, ir o cine, que o aire abanee o meu cabelo, viaxar ao redor do mundo, os libros de Blue Jeans, as risas cos meus amigos, as primeiras folerpas de neve que caen, a cor azul, os días de sol, facer que alguén sorría, escoitar música, a liberdade, recibir un regalo inesperado, coñecer outras culturas, quedarme durmida mentres escoito o son da chuvia…
 
NON ME GUSTA:
A música country, o ruído excesivo das cidades, as inxustizas, as follas das árbores que comezan a caer en outono, a chuvia, as lentellas, o remate das vacacións de verán, as arañas, levantarme cedo nas mañas de domingo, as mentiras, a cor vermella nos exames, a xente interesada, que me fagan esperar, as discusións, as persoas que non cumpren coa súa palabra, o ruído dos mosquitos durante a noite, pensar no futuro como se fora o presente, o racismo, os días de moita calor, os berros...
Natalia A.